Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O goberno de Gondomar debe as facturas 2009 -2010 á empresa que da cobertura á saúde dos funcionarios.

O goberno de Gondomar debe as facturas 2009 -2010 á empresa que da cobertura á saúde dos funcionarios.

Correo-e Imprimir PDF
EdificioConcello

A cobertura en saúde aos funcionarios municipais penden dun fío no Concello de Gondomar. Así o fixo saber o comité de persoal quen denuncia ao goberno cuatripartito de non pagar á Mutua FREMAP, encargada da mesma as facturas correspondentes aos anos 2009 e 2010. Debido a este retraso, os funcionarios recentemente puideron comezar os controis médicos anuais programados para febreiro, neste mes de maio. Pero as citas xinecolóxicas da funcionarias aínda seguen sen darse ata que segundo o denunciado pola mesa, o concello non pague á Mutua FREMAP o debido. Os funcionarios responsabilizan á concelleira Natalia Salgueiro, quen recibiu o informe da situación no mes de xaneiro. A pesar diso, e ás promesas de facer fronte aos compromisos, a mesa denuncia que no último recoñecemento extraxudicial de crédito non se incluíu máis que unha factura. O resto séguese a deber, e no correr desta semana a Intervención informoulles que non foron presentados a trámite de pago o resto das facturas.

Ademais de negar a cita xinecolóxica ás funcionarias ata que non se paguen as débedas acumuladas, en febreiro deste ano a Mutua suspendeu un curso de primeiros auxilios programado para os funcionarios.

Os traballadores afirman que a" Mutua FREMAP comunicou esta situación despois de que, en repetidas ocasións, non foron atendidas as súas chamadas e as súas preocupacións por parte do goberno".

Ademais salientaron que a Mutua FREMAP non só é a encargada da vixilancia da saúde, senón que tamén é a encargada de efectuar o servizo de prevención no Concello de Gondomar, "con todo o que iso supón e con leva , amén das responsabilidades e infraccións que se poidan derivar pola falta de pago e ante unha posible suspensión do contrato asinado no seu día", aseguran.

O comité de persoal ante a posibilidade de que se suspendan os recoñecementos médicos ou o servizo de prevención "solicita e esixe" que sexan abonadas todas as facturas pendentes de pago coa Mutua FREMAP, "e que os traballadores do concello de Gondomar vexan garantidos os seus dereitos en materia de prevención de riscos laborais tal e como se merecen."

Fe de erro: As facturas pendentes son coa Sociedad de Prevención de Fremap e non como di o artigo coa Mutua Fremap. Segundo nos informan dende a Mutua, a súa función é a de entidade colaboradora da Seguridad Social na xestión dos accidentes de traballo. Pola súa banda, a Sociedade de Prevención de Fremap, é unha sociedade mercantil creada a raíz da modificación lexislativa que obrigou a segregar os servizos de prevención que ofrecían as mutuas as súas empresas asociadas, da actividade das Mutuas como entidades colaboradoras da seguridade social na xestión de accidente e enfermidades profesionais. Dende a Redacción solicitamos as desculpas do caso a ambas as dúas entidades.