Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Manuel Gómez e Alfonso De Lis presentan o programa de IXG este mércores no Auditorio Municipal.

Manuel Gómez e Alfonso De Lis presentan o programa de IXG este mércores no Auditorio Municipal.

Correo-e Imprimir PDF
ixg_todos

Este mércores  18, ás 21 horas no Auditorio Municipal de Gondomar, Iniciativa por Gondomar (IXG) fará o seu acto central. Nel intervirán a candidata número 3 da parroquia de Vincios, Eva María Bargiela, o candidato número 2  e actual 1º Tenente de alcalde e delegado de Urbanismo de Gondomar, Alfonso De Lis e pechará o acto o concelleiro de Vías e Obras Manuel Gómez, candidato a alcalde por IXG.

Dende a agrupación, liderada polos actuais concelleiros non adscritos e ex PSOE, Manuel Gómez e Alfonso De Lis,  sinalan que “Sera una buena ocasión para poder comprobar que el eslogan escogido A realidade dos feitos, sintetiza con el buen hacer de estos dos años escasos en el gobierno de Gondomar y se dará cumplida respuesta de la gestión realizada”.

Durante o acto será presentado o programa de goberno de IXG, definido por este novo partido  como “realista” e  “que Gondomar necesita y que este partido se compromete a realizar ya que solo Gondomar importa.”