Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG Gondomar presentou o seu programa de goberno no acto central de campaña.

O BNG Gondomar presentou o seu programa de goberno no acto central de campaña.

Correo-e Imprimir PDF
acto-central-bng-gondomar

O BNG de Gondomar ordenará unha auditoría externa co obxectivo de aclarar a situación financeira do Concello. Así o anunciaron os nacionalistas que lembraron que cando tomaron o goberno en 2007 recibiron as arcas municipais cunha débeda de 1,5 millóns de euros aos provedores. En dous anos de xestión de Araúxo o concello paso a non deber anda, aseguraron. Sen embargo, o goberno de Martín Urgal deixará 2,5 millóns de débeda aos provedores, afirmou o concelleiro e deputado provincial Pauliño del Río. No marco do acto central de campaña no Auditorio Lois Tobío o pasado domingo, o BNG presentou o seu programa de goberno de cara ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio.

Transparencia nas contas, activación da economía e o emprego, e máis a participación da veciñanza na xestión municipal foron os tres alicerces sobre os que Xosé Antón Araúxo asentou a súa candidatura de goberno. O candidato cuestionou a credibilidade das propostas do PP, un partido ao que responsabilizou dos "300 mil parados da xestión Feijoo". Sostivo que nestas eleccións non só deberá enfrontar aos populares se non tamén ás "marcas brancas" apadriñadas por Rafael Louzán: CDL e IXG, integrada por as mesmas persoas que votaron a moción de censura en 2009. Os nacionalistas contaron coa presenza da ex conselleira Teresa Táboas, a quen Araúxo agradeceu por ser a primeira autoridade autonómica en tomar en serio A Pasaxe achegando 12 millóns de euros para xestionar o urbanismo do polígono.

Araúxo comprometeuse a xestionar en tempo e forma, pero coa participación da xente a aprobación do Plan Xeral de Urbanismo. Neste tema, o candidato nacionalista sinalou que o PXOM non debe estar ao servizo da especulación nin para "acadar fortunas rápidas", se non para favorecer o crecemento armonioso do concello. Tamén a realización do paseo fluvial pola beira do Río Miñor ata A Ramallosa e o carril bici foron proxectos na axenda do BNG.

O candidato do BNG reclamará á Xunta de Galicia a construción do novo Centro de Saúde para Gondomar nos terreos na Ponte das Ánimas, xa cedidos polo seu goberno e coas xestións feitas. En materia de participación cidadá, os nacionalistas prevén poñer en marcha o Consello Municipal da Muller e outro propio para a mocidade. Os plenos volverán ás 20 horas e elaborarase un regulamento de participación cidadá.

No acto tamén fixeron uso da palabra outros membros da candidatura como Marta Dacosta, Xulio Castañal, Marcos Buceta, Milagres Chapela, Emilio García Crego e Pauliño del Río. A ex conselleira de Vivenda Teresa Táboas na súa intervención invitou ao pobo de Gondomar a elixir a Araúxo, "porque elixir a outros será volver ao pasado de corrupción" .

No remate da súa oratoria, Araúxo condenou o feito polos "12 magníficos" da moción de censura, aos que responsabilizou do estancamento municipal. Sostivo que os seus únicos "logros" foron votar un orzamento que durou 1 día e outro 15. Xerar un precedente único na historia de Galicia prohibindo que a Secretaria Municipal faga o seu traballo e xerando nos funcionarios un estado de mobilización semanal "nunca vista no concello".

Dim lights Embed Embed this video on your site

Vídeo presentado no acto central de campaña do BNG Gondomar