Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG de Gondomar reclama incluír a Gasolineira de Vincios no Plan Sectorial de A Pasaxe.

O BNG de Gondomar reclama incluír a Gasolineira de Vincios no Plan Sectorial de A Pasaxe.

Correo-e Imprimir PDF
Vista aérea do Polígono Industrial A Pasaxe en Vincios.

O BNG de Gondomar reclama que a gasolineira de Vincios con orde de derrubo o pasado mes de abril, sexa incluída No Plan Sectorial do Polígono Industrial da Pasaxe. “Hoxe por hoxe, derrubar a gasolineira de Vincios con levará indemnizacións multimillonarias”, alertou o candidato a alcalde Antón Araúxo. O nacionalista afirma que a devandita instalación “obtivo no seu día a Licenza Municipal con todos os informes favorables da propia Xunta”, proxecto que daquela “se opuxo con forza o BNG”, afirma. De non atopar solución, Araúxo sostivo que “será o primeiro marrón que atope o novo goberno municipal enriba da mesa despois do 22 de maio.”

Araúxo sinalou que foi informado que a empresa Xestur Pontevedra, encargada de elaborar o Plan Sectorial de A Pasaxe “non pode incluírlla dentro do Polígono”. O ex rexedor de Gondomar lembra que si estaba no Plan Sectorial redactado pola Consellería de Vivenda e Solo dirixida pola tamén nacionalista Teresa Táboas, durante a Xunta do bipartito. Por iso Araúxo pregunta “Quen é Xestur para dicir o que é ou non é axustado á normativa legal?”

O BNG sinala ao PP e ao ex alcalde popular Ramón Sestelo como responsables do problema.

“A cidadanía debe saber que este é un vello problema creado no seu día polo señor. Ramón Sestelo, e o PP do Goberno na Xunta, que xa daquela apuntaban maneiras confundindo maiorías absolutas con legalidade”, sentenciou o concelleiro nacionalista. Agregou que “ case 20 anos despois veñen as consecuencias. E que fai o PP na Xunta?, lavar as mans e pasarlle a pelota aos que veñan detrás”, sentenciou.

O Bloque empraza publicamente ao candidato do PP Fernando Guitián, “que presume publicamente de ter coma mestre e mentor a Sestelo, a que diga como pensa el e o seu partido resolver isto”

O BNG propón incluír a gasolineira no Plan Sectorial de A Pasaxe para evitar 4 millóns de euros en indemnizacións.

O BNG aposta por incluír esta instalación dentro do Polígono Industrial de A Pasaxe “como xa fixeramos cando a redacción primeira do proxecto sectorial”, afirman. Araúxo alertou que de non facelo así “o vindeiro mandato municipal comezará cunha débeda mínima de 4 millóns de euros en posibles indemnizacións.” A proposta nacionalista din no liberar a Combustibles del Noroeste propietaria da empresa de acometer unha serie de traballos “no senso de recuperar as beiras do Río Zamáns, devolvendo o dominio público usurpado e deixando en perfecto estado medio ambientalemnte falando a contorna do río, entre outras medidas”

Araúxo manifestou que “O balbordo electoral provocado polos “partidos” do goberno coa finalidade de evitar falar do que lle interesa á xente e para non ter que dar as explicacións pertinentes sobre o que está pasando en Gondomar, está conseguindo agochar o grave asunto da orde de derrubo da gasolineira de Vincios.”