Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Núñez Feijoo e Rafael Louzán chegan a Gondomar para arroupar a candidatura de Fernando Guitián.

Núñez Feijoo e Rafael Louzán chegan a Gondomar para arroupar a candidatura de Fernando Guitián.

Correo-e Imprimir PDF
fernado-gutian-sentado

O candidato popular Fernando Guitán recibe o máximo apoio dende Santiago e Pontevedra para a presentación da súa candidatura á alcaldía de Gondomar. Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia e Rafael Louzán, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra acompañarán ao candidato durante a comida – mitin na que os populares presentarán oficialmente a súa candidatura o próximo sábado 7 de maio ás 14 horas no Pavillón Municipal gondomareño. Ao longo desta semana 1200 invitacións estanse a repartir polas dez parroquias do concello para que militantes e simpatizantes do PP poidan participar deste primeiro acto oficial de campaña de Fernando Guitián. Para o candidato, esta é a mellor maneira de comezar a campaña electoral porque “fomentará en un tiempo de ocio el encuentro entre los vecinos y los miembros de su candidatura”.

No acto de presentación falarán Núñez Feijoo como presidente del Partido Popular de Galicia, Louzán en calidade de presidente provincial do PP e mais o alcaldable Fernando Guitián. Unha vez rematado o mitin, unha gran carpa instalada no pavillón aloxará aos 1200 convidados ao evento, que compartirán unha mesa de pratos tradicionais xunto ás autoridades autonómicas, provincias e os candidatos locais.

Dende a Secretaría de Prensa do PP Gondomar, dirixida por Fernando Oriol, se informa que aquelas persoas que desexen asistir á comida – mitin, e non teñan invitacións, deben solicitarlla na sede do partido na Avenida da Feira ou a través do teléfono 986369190, no posible durante a xornada deste xoves 5 de maio.