Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Fernando Guitián e mais o conselleiro Agustín Hernández percorrerán a vila de Gondomar

Fernando Guitián e mais o conselleiro Agustín Hernández percorrerán a vila de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Fernando Guitián candidato do PP ao Concello de Gondomar.

O candidato popular Fernando Guitián e mais o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández percorrerán parte do núcleo urbano de Gondomar este martes. O concelleiro chegará a vila sobre as 19 horas. Segundo indicou o secretario de prensa Fernando Oriol, o motivo da visita será manter unha reunión interna de traballo na sede do Partido Popular de Gondomar, na que o candidato Fernando Guitián e o seu equipo lle transmitirán "de primeira man" a Hernández,  "as súas prioridades para o Concello, con especial incidencia no Plan Xeral e no polígono da Pasaxe como dinamizadores de emprego, ademais de saneamento, estradas, rúas e beirarrúas, entre outras".