Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Foro sobre a muller e proxección do Filme Digna Rabia na Casa da Cultura de Gondomar, organizado por EU.

Foro sobre a muller e proxección do Filme Digna Rabia na Casa da Cultura de Gondomar, organizado por EU.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida Gondomar organiza o “Foro participativo sobre Muller”, este sábado 30 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar. Ao comezo proxectarase o documental "Digna Rabia", realizado pola Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas e a Universidade de Vigo, que ofrece unha visión da situación das mulleres dende o principio do franquismo ata a actualidade e o desenvolvemento dos movementos feministas. Rematada a proxección falará Tereixa Otero Dacosta do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. O foro é aberto a todo público.

“O foro prosegue a normal actividade de Esquerda Unida Gondomar, baseada en foros permanentes sobre os diferentes problemas que atinxen a nosa cidadanía”, manifestou Josué Villar, candidato a alcalde por EU Gondomar.

Esta actividade forista continúa a desenvolvida durante o 2010 coas mesmas características sobre os problemas do emprego, transporte e xuventude. Nese senso, EU Gondomar manifesta ver nestas actividades un “instrumento de participación e concienciación”. Vilar adiantou que o faladoiro de Tereixa Otero estará enfocado aos “problemas máis notorios que afectan a muller, así como iniciativas que axuden facer deste mundo un lugar onde a igualdade de xénero, e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres sexa un pouco máis real.”