Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG denuncia ao Cuatripartito de Gondomar de aprobar cun ano de retraso as contas de 2009.

O BNG denuncia ao Cuatripartito de Gondomar de aprobar cun ano de retraso as contas de 2009.

Correo-e Imprimir PDF
concello_escudo_vidrio

O goberno cuatripartito de Gondomar aprobou a Conta Xeral de 2009 durante o pleno ordinario celebrado na mañá deste xoves 28 de abril. A conta que debía estar aprobada nos primeiros meses de 2010, impediu dispor de 3 millóns de euros que tiña a súa disposición, segundo denunciou ao oposición do BNG. "Cun volume de débeda a provedores de máis de 2,5 millóns de euros e en pleno proceso de concertación dunha operación de creto por valor de 400.000€ que vai endebedar aínda máis ao Concello a longo prazo, deixar de utilizar 3 millóns de euros a custe cero por non presentar as contas a tempo é un insulto á cidadanía de Gondomar", opinou Pauliño del Río, portavoz dos nacionalistas na corporación.

Os nacionalistas fixeron fincapé nas consecuencias negativas que esta presentación tardía da Conta Xeral 2009, traerá a futuro na concesión de subvencións ao Concello. Agregaron que "o goberno municipal xa empezou a pagar xuros de demora polo seu retraso no pagamento de facturas". O tema foi o único punto da orde do día en debate, do primeiro pleno municipal logo do cisma do PP Gondomar que repercute na integración do grupo municipal de goberno, agora integrado tamén polos catro concelleiros do Centro Democrático Liberal liderados por Natalia Salgueiro.