Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Partido Popular de Gondomar presenta a súa lista de cara ás eleccións municipais de maio.

O Partido Popular de Gondomar presenta a súa lista de cara ás eleccións municipais de maio.

Correo-e Imprimir PDF
Lista do PP Gondomar ás eleccións municipais 2011

Fernando Guitián siéntese satisfeito e ten a certeza que conseguiu formar “o mellor equipo” de cara ás eleccións. Unha lista de 25 candidatos aos que definiu como unha “mestura perfecta entre xuventude e experiencia”, un conxunto de “grandes profesionais” que darán o mellor de “si para asegurar unha gran xestión do Concello”. Con respecto a súa candidatura como alcalde, Guitián manifestou que séntese arroupado non so por este equipo, se non tamén por unha gran cantidade de persoas que forman o PP e que estarán traballando por tódalas parroquias, “transmitindo a ilusión e a confianza” para que a xente decida o seu voto polo Partido Popular.

Guitián opinou que se ben os electores se enfrontarán a un “gran abano de posibilidades”nestas eleccións, está seguro que o traballo de cara a xente que comeza agora, unha vez pechada a etapa da formación da lista, permitirá convencer que o PP conta cos profesionais necesarios para desenvolver a política municipal que necesita Gondomar. A difusión do programa popular por todas as parroquias do Concello e a posta en coñecemento da lista no termo municipal é a tarefa que a partir do luns deberán desenvolver os populares.

Lista completa do Partido Popular de Gondomar

Titulares

1 Fernando Guitián Guitián , 46 anos, parroquia de Gondomar, enxeñeiro industrial

2 Eladio Costas Pereira , 58 anos parroquia de Donas, asesor fiscal.

3 Patricia Durán Pérez, de 35 anos, parroquia de Chaín, avogada.

4 Jesus Salgueiro Pérez, de 32 anos, parroquia de Morgadáns, empresario.

5 Paula Bouzós Barros de 36 anos, parroquia de Vilaza, técnico contable.

6 Carlos Lameiro Pérez, 59 anos, parroquia de Vincios, axente comercial.

7 Juan Carlos González Camesella, 33 anos, parroquia de Peitieiros, montador de fachadas

8 Sonia Rodríguez Iglesias, de 33 anos, parroquia de Borreiros, administrativo.

9 Beatriz Bas García, de 26 anos, parroquia de Mañufe, administrativo

10 Modesto Martínez Sienes, de 42 anos parroquia de Couso, arquitecto.

11 Juan Fernando Gomez Carrera, de 37 anos, Gondomar, empresario.

12 Julio Fernández Alonso, de 36 anos, parroquia de Vincios, encargado automoción

13 María Estévez Conde, 40 ano, parroquia Mañufe , decoradora.

14 Estefanía Iglesias Domínguez, de 23 anos, parroquia de Peitieiros, opositora xulgado.

15 Antonio Casal Fontán, parroquia de Vilaza, de 62 anos, xubilado.

16 Rodrigo Arbones, parroquia de Bborreiros, de 72 anos, xubilado.

17 Begoña Domínguez Domínguez, da parroquia de Morgadans, de 31 anos, animadora socio cultural

Suplentes

1 Rubén Oscar Fernández Benítez, parroquia de Couso, 38 xubilado

2 Alexandre Mendez Quintas, parroquia de Chain, de 24 anos, carteira

3 María Manila Roade García, Donas, 32 anos, ama de casa.

4 Silvia Durán Martínez, Donas, de 24 anos, dependienta

5 Abel Mariño González, de Peitieiros, 18 anos, operario

6 José Feliciano Alonso Rodríguez, da parroquia de Vincios, de 39 anos, profesor.

7 Rosa María Fernández Alonso, Borreiros, 55 anos, enfermeira

8 Maria Jesús Martínez Chouza, parroquia de Borreiros, de 44 anos, profesora

Entidad Local Menor de Morgadans

Urbano Esmerode Domínguez, barrio de Prado, 49 anos, escultor.

Suplente

Maria del Mar Cea Iglesias, barrio de San Roque, 32 anos, técnica administrativa

Manuel Misa Hermida, barrio de Gonda, de 49 anos albanel.