Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Bingo de Gondomar celebrarase normalmente pero non poderá entregar os premios “Bolas de Ouro”

O Bingo de Gondomar celebrarase normalmente pero non poderá entregar os premios “Bolas de Ouro”

Correo-e Imprimir PDF
bingo1

A Coordinadora de Festas “Agora Ondeimos” non poderá entregar os premios “Bolas de Ouro” cos que pensaba distinguir ás autoridades da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Gondomar, polo seu apoio á causa dos chamados “bingos sociales”. A Xunta Electoral Local, a denuncia de parte do BNG, entendeu que tratábase dun acto violatorio da actual normativa electoral, pois os únicos homenaxeados eran membros do Partido Popular. Sen embargo, a autoridade electoral non ordenará suspender a denominada “fiesta de Bingos Sociales” que estaba prevista para mañá domingo ás 17 horas na Alameda de San Bieto en Gondomar, por tratarse dunha actividade privada.

A acta asinada pola presidenta da Xunta Electoral, María del Carmen García Campos, indica que os denunciantes non pretendían suspender a celebración do Bingo, nin das resultas da investigación da devandita Xunta xorden “indicios suficientes” para sinalar a actividade “como electoralista o de campaña institucional de dicho acto.” Para a Xunta Electoral queda comprobado que a festa “consiste en la celebración de un bingo popular con posterior verbena amenizada por orquesta”. O que si advirte a Xunta é que non hai xustificación algunha para que “en el curso de tal fiesta y en pleno período electoral se proceda a la entrega de los premios “Bolas de Ouro” previstos, todos ellos para políticos pertenecientes al PP”, co fin de exaltar publicamente a súa colaboración, o que atópase nestes días previos ás eleccións municipais expresamente prohibido polo artigo 50 da nova lei electoral

Dim lights Embed Embed this video on your site