Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Barrio de A Fraga na parroquia de Vincios non dispón de suficiente tensión eléctrica.

O Barrio de A Fraga na parroquia de Vincios non dispón de suficiente tensión eléctrica.

Correo-e Imprimir PDF
A Fraga, ao fondo o polígono industrial de A Pasaxe, parroquia de Vincios.

O barrio Da Fraga na parroquia de Vincios "non dispón de suficiente tensión eléctrica cos conseguintes prexuízos para os veciños do barrio", denuncia o BNG de Gondomar. Sen embargo, Gas Natural Fenosa "cobra puntualmente por un servizo que non presta e non ten reparo en facelo sen corrixir esta situación" advirten. O Bloque fai un reclamo público para que a empresa interveña de forma urxente e resolva o problema. A formación nacionalista asegura que levará este tema ao Concello de Gondomar, á Consellería de Industria e ao propio Parlamento Galego, "pois non é de recibo que isto pase en pleno século XXI", afirman.

Malia as continuas subidas da tarifa eléctrica, na Fraga se ponse a funcionar a lavadora, o microondas ou os ordenadores, as permanentes baixadas e subidas da tensión eléctrica sen control, rematan por estragarllos. A situación afecta a máis de 400 veciños desta localidade gondomareña de A Fraga, situada a carón do polígono industrial de A Pasaxe, a cinco minutos do Campus da Universidade de Vigo e da propia cidade olívica.