Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Preocupación en Morgadáns ante posible instalación dunha antena de telefonía cerca de vivendas.

Preocupación en Morgadáns ante posible instalación dunha antena de telefonía cerca de vivendas.

Correo-e Imprimir PDF
Preocupación en Morgadáns ante a posible instalación dunha antena para telefonía móbil nun predio cercano a vivendas (foto arquivo)

Existe preocupación nun grupo de veciños e veciñas dos barios de San Roque e Filgueiras, na parroquia de Morgadáns, pola posible instalación dunha antena de telefonía móbil a escasos metros das vivendas. A antena sería instalada nunha propiedade particular en réxime de alugueiro e xa estaría delimitado o perímetro da mesma indicaron os veciños ao grupo municipal do BNG. Os nacionalistas afirman que “non lle consta a día de hoxe a existencia de ningún tipo de licenza municipal ao respecto nin sequera de tramitación ningunha” pero agregan que “iso non quer dicir nada pois todos sabemos como funcionan determinadas operadoras de telefonía móbil actuando coa política de feitos consumados e sempre baixo a protección encuberta do goberno municipal de quenda.”

O BNG informou que “faralle chegar a inquietude da veciñanza e a nosa propia, tanto á Presidencia da Entidade Local Menor de Morgadáns para que defenda aos veciños e non mire para outro lado, coma ao propio Goberno Municipal que será interpelado ao respecto no vindeiro pleno ordinario” a celebrarse en principio o próximo 31 deste mes de marzo.

Os nacionalistas adiantan que “No caso de non facer caso e permitir que esta antena vaia adiante, o BNG non descarta tomar outro tipo de medidas para informar aos veciños da parroquia, e se for preciso iniciar mobilizacións para impedir semellante perigo no medios das casas”.