Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Pepe Valverde (BNG): "sacar a Gondomar das páxinas de sucesos e de xulgados dos xornais."

Pepe Valverde (BNG): "sacar a Gondomar das páxinas de sucesos e de xulgados dos xornais."

Correo-e Imprimir PDF

Para Pepe Valverde, responsable local do BNG Gondomar un dos primeiros obxectivos do futuro equipo nacionalista de Xosé Antón Araúxo en caso de ser goberno será " a de sacar a Gondomar das páxinas de sucesos e de xulgados dos xornais." As declaracións, feitas nun escrito aos medios onde se anuncia o acto de presentación das candidaturas, agrega que o obxectivo da recuperación da alcaldía é para encamiñar "de novo a Gondomar na senda da normalidade democrática e do progreso, normalizando a vida municipal e institucional para poder avanzar en tempos de crise"

O devandito acto terá lugar no Auditorio Municipal “Lois Tobío” ás 20:30 horas e ao mesmo asistirá o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez. "Estamos convencidos de que o podemos facer e para iso contamos cunha equipa de homes e mulleres preparados para comezar a traballar arreo dende o mesmo día despois das eleccións de maio", agrega Valverde. A este acto público e aberto a toda a cidadanía, tamén foron convidados expresamente todas as entidades sociais, culturais, veciñais, empresariais,e demais grupos representativos da sociedade gondomareña.