Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PSOE Gondomar presenta o equipo de Francisco "Paco" Ferreira de cara ás municipais 2011.

O PSOE Gondomar presenta o equipo de Francisco "Paco" Ferreira de cara ás municipais 2011.

Correo-e Imprimir PDF
Francisco Ferreira e o seu equipo de cara ás eleccións municipais 2011.

O PSOE Gondomar fixo pública a súa lista de candidatos ao Concello de Gondomar e máis a Entidade Local Menor de Morgadáns. Os socialistas preséntanse "cunha candidatura integramente renovada, composta por homes e mulleres de Gondomar e dispostos a afrontar o reto de gobernar o concello", afirma Francisco "Paco" Ferreira González, candidato a alcalde pola agrupación. Dende xullo de 2009 os socialistas quedaron sen representantes na corporación municipal logo da expulsión dos concelleiros Alfonso De Lis, Manuel Gómez Teresa Pereira Capel e mais José Carlos Cabaleiro, logo que estes apoiaran a moción de censura proposta polo PP coa conseguinte ruptura do bipartito (alianza PSOE-BNG), e a caída do rexedor nacionalista Xosé Antón Araúxo. “Nos cumprimos, limpamos e renovamos o proxecto e as ideas, agora tócalles ós demais facelo”, afirma Francisco Ferreira na presentación da lista.

Francisco Ferreira ten 43 anos, é nacido na parroquia de Vilaza e dende hai 22 anos ocupa o posto de Inspector Xefe da Policía de Gondomar. Como número dous na lista o acompaña Ana Francisco Santos, funcionaria de Xustiza e secretaria do Xulgado de Paz de Gondomar. Pola ELM de Morgadáns o candidato a presidente é Jesús Cabreira Fernández. Segundo Ferreira, ámbalas dúa candidaturas están integradas "por persoas comprometidas, formadas, responsables e dispostas a gañar as eleccións municipais o vindeiro día 22 de maio coa finalidade de darlle un cambio á vida municipal e gobernar un concello que sufre un desgoberno dende a última década"

A Lista do Psoe - Gondomar

1- FRANCISCO FERREIRA GONZÁLEZ. Inspector Xefe da Policía Local de Gondomar, profesor da Academia Galega de Seguridade Pública dependente da Xunta de Galicia, cursa estudos de Dereito na Universidade de Vigo, onde se gradúa no Máster de Urbanismo e Medio Ambiente, ademais de realizar estudos de política europea ó abeiro da Cátedra Jean Monnet; posúe tamén estudos de técnico superior en relacións laborais e das administracións públicas, director de recursos humanos, e xestor de calidade do medio ambiente e prevención de riscos laborais.

2- ANA FRANCISCO SANTOS, funcionaria de xustiza e secretaria do xulgado de Paz de Gondomar.

3- JUAN LUIS COSTAS MARTINEZ, licenciado en música, compositor e profesor da escola municipal de Vincios.

4- MAURO MISA PEREIRA, mecánico maior naval.

5- ANA DIAZ PEREZ, filóloga.

6- JOSE LUIS ALONSO TRONCOSO, empregado do metal.

7- MONICA CAMADOIRA FERNANDEZ, administrativa

8- PAULINO RODRIGUEZ FERNANDEZ, empregado de automoción

9- CELESTE SEIXAS ACEVEDO, ama casa,

10- SILVIA GONZALEZ GONZALEZ, profesora de música 11, BERNABE COSTAS DE MIRANDA, empregado da Once e xogador da selección nacional de baloncesto, o 12, JOSE MANUEL GONZALEZ ROMAN, xubilado, a 13, ELISA QUINTA CARIDE, comercial, a 14, CELSA FERNANDEZ ALVAREZ, ama de casa, o 15, MANUEL ALVAREZ ALONSO, xubilado, a 16, MARINA VIDAL LORENZO, profesora, e pechando a lista XURXO MARTINEZ GOMEZ, director do colexio público de Peitieiros, e como suplentes: DELITA DOMINGUEZ GAVIÑO, ELADIO PINTOS ALVAREZ, JOSE QUINTAS CARIDE, PATRICIA GALLEGO RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER MISA DA SILVA, MARIA GIRALDEZ MIRANDA, ANDREA LOPEZ OLIVEIRA y CARLOS GUERRA VIDAL (coordinador de la campaña).

Entidade Local Menor de Morgadáns.

Pola Entidade Local Menor de Morgadáns e candidato á Presidente da mesma JESUS CABREIRA FERNADEZ, seguido de DELITA DOMINGUEZ GAVIÑO, JULIO RODRIGUEZ DA COSTA, MIGUEL MARTINEZ PUIME, MARIA ISABEL ALONSO HERMIDA e DAVID RODRIGUEZ FREIRIA.

"Temos as gañas, temos as forzas e as ideas, a renovación e a pluralidade da candidatura fará que có apoio de tódolos veciños e veciñas gobernemos Gondomar a partir de maio”, opinou Ferreira. “Toca o momento de falar de persoas comprometidas e responsables que estean dispostas a gobernar para todos sen fisuras, en igualdade e sen resentimentos ou represalias, e que non busquen un recuncho na política para culminar os seus intereses persoais por enriba dos intereses xerais dos gondomareños”, concluíu Francisco Ferreira.