Mércores, 8 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Caceroleada ás portas do Concello de Gondomar.

Caceroleada ás portas do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Plataforma MOCION=CORRUPCIÓN
alt
alt
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

A plataforma MOCIÓN=CORRUPCIÓN como tódolos primeiros sábados de mes manifestouse ás portas do Concello de Gondomar. Medio centenar de militantes maioritariamente nacionalistas,pero onde tamén se atopaban socialistas e membros de Esquerda Unida, simbolizaron unha vez máis a súa rexeita da moción que destituíu o goberno do BNG encabezado por Xosé Antón Araúxo o 8 de xullo de 2009. Unha caceroleada encheu o centro da vila dende as 20 horas e durante trinta minutos. Logo unha mesa con pratos preparados polos militantes e uns copos de viño deron calor e alegría a unha noite que comezaba a vir fría.

Para os membros da plataforma a moción de censura e o cambio de goberno resultante foi “un atentado á vontade democrática que Gondomar expresara nas urnas nas pasadas eleccións municipais e un atentado á dignidade do pobo de Gondomar o cal volve a ter no seu goberno claros indicios de corrupción”, segundo expresan no blog do grupo.

No mesmo medio informan que “O obxectivo principal da Plataforma MOCIÓN = CORRUPCIÓN é devolver a normalidade democrática a Gondomar e loitar contra a corrupción que con esta moción de censura volveu a tomar posesión das rendas da nosa vila.”