Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A poucas horas da visita de Rafael Louzán a Gondomar, Natalia Salgueiro fala da súa candidatura.

A poucas horas da visita de Rafael Louzán a Gondomar, Natalia Salgueiro fala da súa candidatura.

Correo-e Imprimir PDF
Ás 18:30 horas Rafael Louzán reunirase coa xunta local do PP Gondomar

A concelleira Natalia Salgueiro manifestou estar “ilusionada” e coas “forzas necesarias” para levar adiante ao PP de Gondomar nas municipais de maio. Arroupada pola maioría da actual xunta local espera con incerteza a reunión que manterá en poucas horas có presidente provincial do PP Rafael Louzán. A concelleira que ata hoxe non había falado coa prensa da súa candidatura, adiantou que mais alá da súa ilusión estará a unidade e fortaleza do seu partido, polo cal acatará a decisión que hoxe o cando corresponda tomen as autoridades.

O pasado 28 de xaneiro celebrouse a reunión ordinaria mensual da xunta local do PP. Segundo o manifestado pola concelleira Salgueiro, un grupo importante de militantes populares manifestaron a súa inquietude ante a demora na designación de candidato por parte das autoridades provincias. Foi por iso que tomaron a resolución de facer un pronunciamento que reflectise a vontade dos militantes de Gondomar. A candidatura de Salgueiro, que xa se manexaba dende hai tempo, non recibiu a oposición de ningunha das persoas presentes, feito que foi confirmado pola propia Salgueiro. Nesa reunión a directiva decidiu tamén dar un prazo de unha semana para que puideran presentarse outras candidaturas, o que sucedeu poucas horas despois coa presentación de Manuel Dacosta.

A busca de candidatos para Gondomar existiu antes destes sucesos, confirmou Salgueiro. De feito varios membros da directiva realizaron xestións con máis dunha. A propia Natalia Salgueiro encabezou algunha delas. Finalmente, agregou, ante as negativas recibidas, comezou a tomar corpo a súa propia, a que foi oficializada na devandita reunión do venres 28 de xaneiro.

Pola súa banda, a proposta de Manuel Dacosta foi presentada mediante un documento ao presidente local Eladio Bargiela. O que a Natalia Salgueiro non lle pareceu ben foi a saída “pola súa conta e risco” de Dacosta á prensa, anunciando a súa postulación. De feito, Salgueiro había entendido que o que correspondía nese momento era esperar a resolución final do partido para logo expresarse publicamente.