Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Outra moción de urxencia revolucionou o pleno de Gondomar: Araúxo declarado prevaricador.

Outra moción de urxencia revolucionou o pleno de Gondomar: Araúxo declarado prevaricador.

Correo-e Imprimir PDF
1plenoxan11

O concelleiro do goberno tripartito de Gondomar, Manuel Núñez Sestelo presentou unha moción con carácter urxente no pleno municipal para dar cumprimento a unha sentencia xudicial que ordena catalogar como privada unha pista rural de Guillufe que consta como pública no Inventario de bens municipais .

A resolución plenaria denunciou como “prevaricador” ao ex rexedor nacionalista Xosé Antón Araúxo por soster o carácter público da mesma durante o seu goberno. A moción que foi aprobada pola totalidade dos 12 concelleiros oficialistas tamén pide o traslado dos informes á fiscalía para que determine se o líder nacionalista é responsable da comisión dun delito. Pola súa banda,a agrupación municipal do bloque catalogou á moción como un acto de “nocturnidade e alevosía”e manifestou que a mesma era un “último favor” que facía “un cadáver político” en alusión ao concelleiro Manuel Núñez .

Segundo o manifestado polos nacionalistas, o reclamo de Núñez Sestelo favorece a un particular que no seu momento beneficiouse coa declaración de camiño público, o que lle permitiu vender unha finca. Tempo despois, xa vendida a finca o mesmo particular quere recuperar agora o carácter privado da pista para o seu beneficio con prexuízo das persoas que compraron fincas cunha suposta saída a unha estrada pública, informaron.

Na argumentación de Núñez Sestelo se cita a existencia dun pleno presidido por Araúxo de data 4 de outubro de 2007, onde o daquela rexedor afirmara que existe documentación que acredita o carácter privado da pista de Guillufe. Acta e ditos, que segundo Núñez, foron ratificados ao aprobarse o escrito no seguinte pleno do 8 de novembro de 2007.

Tempo despois, a consecuencia dun preito xudicial entre particulares a xustiza solicitou a Araúxo unha declaración xurada onde confirmara o carácter público ou privado da devandita pista. Con data 5 de maio de 2008, Araúxo comunicou ao xuíz que había un erro na acta do 4 de outubro e onde di "privado" debe dicir "público". Para Núñez, Araúxo prevaricou ao negarse a recoñecer o contido da acta aprobada polo pleno municipal.

Pola súa banda, Araúxo declarou que defender os bens públicos era a súa obriga como alcalde de Gondomar. Daquela, afirmou “o camiño estaba inventariado como público no inventario de bens municipais deste concello, aprobado en pleno e cos informes técnicos correspondentes no seu momento. “

Dialogo entre os concelleiros Araúxo e Núñez Sestelo antes de pasar a votar a moción

Antón Araúxo- Si quere ir a un fiscal vaia , vaia onde queira . Faga o que vostede queira, eu sei ao que vostede xoga. Supoño que é un último favor. Cando alguén está desahuciado da política pon o ventilador en marcha. A míña conciencia está tranquila.

Manuel Núñez Sestelo- A súa conciencia pode estar clara o pode non ter conciencia, iso depende… Vostede tiña a vontade de beneficiar a unha persoa nese momento.

Antón Araúxo- Eu non favorezo a unha persoa .Vostede sabe que ese camiño se fixo público no seu día para poder venderlle unha finca a esa persoa. Agora interesa que sexa privada. Quen a vendeu agora quere recuperar o camiño, é unha trapallada. Pero iso o aclararemos ao fiscal. Vostede a esta altura é un cadáver político que apesta señor Núñez, apesta!