Mércores, 8 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A fibra óptica de A Pasaxe non corre perigo asegurou Natalia Salgueiro ante as dúbidas do BNG.

A fibra óptica de A Pasaxe non corre perigo asegurou Natalia Salgueiro ante as dúbidas do BNG.

Correo-e Imprimir PDF
apasaxe_vincios

Os nacionalistas manifestaron a súa preocupación pola sorte dunha subvención outorgada pola Xunta de Galicia ao Concello de Gondomar, có fin de executar un proxecto de tendido de fibra óptica no polígono industrial de A Pasaxe. O orzamento total concedido pola Consellaría de Economía e Industria foi de 875.630 euros dos que 250 mil se entregarían en 2010. A data límite sinalada para executar as actuacións que fosen obxecto da subvención e para xustificar o correspondente investimento rematou o pasado 30 de novembro. A falla de actuacións e resposta oficial nesa data provocou a alarma do grupo nacionalista que a comunicou nunha rolda de prensa na súa sede. Pola súa banda a concelleira Natalia Salgueiro (PP) asegurou que o goberno ten o compromiso da Xunta da ampliar dito prazo ata o fin do primeiro trimestre de 2011 e que as obras comezarán en febreiro próximo.

A portavoz popular informou que a obra de tendido así como a solicitude da subvención foi unha iniciativa da Asociación de Empresarios de A Pasaxe. A mesma se abría producido moi ao límite dos prazos e o goberno municipal se viu na obriga de xestionar de urxencia os permisos, informes e demais trámites necesarios ante diversos organismo o que requiriu de bastante tempo. Salgueiro sinalou que o goberno municipal ante esa realidade solicitou unha prórroga e logrou o compromiso da mesma por parte das autoridades autonómicas. Segundo a portavoz, os traballos comezarán a partir do mes de febreiro e a documentación acreditativa será presentada antes da finalización do novo prazo outorgado.

Pola súa banda, Xosé Antón Araúxo e mais o portavoz Pauliño del Río denunciaron na devandita rolda de prensa a “parálise institucional” que vive o Concello de Gondormar que leva nestes últimos dous anos perdas duns 3 millóns de euros en subvencións . Por outra banda recordaron que o Pleno Municipal non reúne dende finais de outubro.