Mércores, 8 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar recoñece o labor de Ignacio Troncoso nas obras da Escola Musical de Vincios.

O Concello de Gondomar recoñece o labor de Ignacio Troncoso nas obras da Escola Musical de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF
A portavoz popular Natalia Salgueiro e mais o concelleiro de Cultura Ingancio Troncoso visitan as obras da Escola Musical de Vincios.

Os traballos na Escola Musical da Parroquia de Vincios "realízanse a bo ritmo"informou o Concello de Gondomar. A obra conta cun orzamento de 325 mil euros subvencionados pola Deputación de Pontevedra. A reforma permitirá o acondicionamento e ampliación das instalacións onde se reúne a emblemática Banda de Música de Vincios e reciben cursos musicais máis de oitenta rapaces de todo o Val Miñor, cifra que a converte nunha das escolas galegas de maior envergadura no xénero.

A empresa de construcións tudense Belypa "traballa a marchas forzadas para facer o éxodo dos alumnos o máis curto posible e podan volver a súa casa para gozar de máis espazo, de máis aulas para a preparación e práctica do solfexo e virtuosidade instrumental", afirmaron os concelleiros Natalia Salgueiro e Ignacio Troncoso que visitaron a obra o xoves 14 pola mañá.

“Como concelleiro de cultura e como veciño que son de Vincios, era para min unha prioridade, pois sei do esforzo dos rapaces e mestres que, ano tras ano, ensalzan o nome de Vincios e mais de Gondomar alí por onde van”afirmou o concelleiro de Cultura Ignacio Troncoso.

Pola súa banda a portavoz popular Natalia Salgueiro afirmou que “Seguiremos apostando por la cultura con iniciativas como ésta”. “Tenemos que volver a ser un referente cultural como ya logramos en años anteriores. Con el trabajo diario que está realizando nuestro concejal de cultura lo lograremos” , opinou.

Para o goberno tripartito a obra é produto da eficiente xestión do concelleiro Ignacio Troncoso que logrou achegar os apoios da Xunta de Galicia e mais a Deputación de Pontevedra. Segundo a Alcaldía a labor de Troncoso foi a causante desta obra que" dotará a Escola de Música dun local de ensaio para a Banda na que poidan realizar a súa preparación, con espazo abondo e unha acústica á altura da súa calidade musical."

O Concello de Gondomar tamén destaca que os apoios económicos para os traballos na Escola foron o cumprimento dunha promesa realizada hai catro anos polo presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán.