Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Membros do goberno municipal de Gondomar visitan as obras de saneamento en Vilaza.

Membros do goberno municipal de Gondomar visitan as obras de saneamento en Vilaza.

Correo-e Imprimir PDF
vilaza

A concelleira Natalia Salgueiro (PP) e mais o concelleiro José Antonio Rodríguez Gallego (PP) visitaron as obras de saneamento iniciadas na parroquia de Vilaza polo Concello de Gondomar. Os concelleiros informaron que "a obra da servizo a máis de 150 veciños que esperaban ansiosos poder realizar a conexión co servizo de saneamento."

Segundo a corporación municipal o costo do proxecto é de 88 mil euros e forman parte do Plan Provincial de Cooperación promovido pola Deputación de Pontevedra e asumido de forma conxunta polas administracións provincial e municipal.

A portavoz dos populares Natalia Salgueiro declarou que “Es un compromiso férreo que tenemos con los vecinos de Vilaza. Es necesario acometer obras de saneamiento en todo el ayuntamiento, pero Vilaza está en una situación más precaria que otras parroquias vecinas.”