Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Invitacións para alentar a rondalla “A Merced” de Chaín na Concellería de Cultura de Gondomar.

Invitacións para alentar a rondalla “A Merced” de Chaín na Concellería de Cultura de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
II_concurso_rondallas

O próximo domingo 2 de xaneiro a rondalla “A Merced” de Chaín (Gondomar), participará na segunda edición del Concurso Provincial de Rondallas Deputación de Pontevedra. A agrupación gondomareña rivalizará xunto a outras dez agrupacións pola obtención do título que dende o 2009 ostenta a rondalla viguesa Helios de Bembrive.

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar pon a disposición dos veciños invitacións para acudir ao Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) o vindeiro 2 de xaneiro ás 17.30 horas. As invitacións, limitadas, poden recollerse na oficina da Concellería de Cultura, situada na Casa da Cultura, en horario de 8:00 a 14:30 horas.

As actuacións da competencia ten un máximo de doce minutos por agrupación e xunto á agrupación A Merced tamén participarán: Centro Social Cultural e Recreativo de Beade, Helios de Bembrive, Peña Freixo, Centro Veciñal e Cultural de Valladares, de Vigo; Asociación Cultural Pontellas e Santa Eulalia de Atios (O Porriño); Bando de Reis Airiños da Peneda do Viso (Redondela); San Salvador de Louredo e Centro Cultural e Deportivo Santa Eulalia (Mos) e Santiago Parado do Miñor (Nigrán).