Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Urbano Esmerode espera que o negocio do parque eólico “sexa rentable” .

Urbano Esmerode espera que o negocio do parque eólico “sexa rentable” .

Correo-e Imprimir PDF
parque_eolico_carnota_edit902

O presidente da Entidade Menor Local de Morgadáns Urbano Esmerode Domínguez manifestou o desexo de que a operación coa empresa adxudicataria “sexa rentable para a Entidade”. Ao mesmo tempo asegurou que descoñecía a resolución da Consellería de Industria, Enerxía e Minas ao momento de ser consultado (onte martes pola noite) pola que a Área de Desarrollo Eólico da Zona 5 TV-20 Serra do Galiñeiro fora concedida á empresa TERRA DO VENTO S.R.L..

 

Unha das primeiras reaccións de Esmerodes ademais da sorpresa pola información, foi a intención de chegar a un acordo que sexa beneficioso para ambas as dúas partes: administración e empresa adxudicataria. O presidente da Entidade ten claro que o punto clave será o prezo a pagar polas empresas do solo utilizado polo parque eólico. Unha negociación que Esmeredes quere levar a diante co consenso de tódalas forzas políticas con representación na Entidade Local.

 

A ameaza dunha expropiación por parte da Xunta é a espada de Damocles que pesa sobre as comunidades e administración s que terán que negociar cos grupos económicos que asumirán a explotación dos parques eólicos no seus solos. Esta posibilidade é una ferramenta que ten as empresas para obter un prezo a baixa por parte dos propietarios e administradores dos montes afectados pola medida. No caso da serra do Galiñeiro os máis afectados son a Comunidade de Monte de Vincios e a Entidade Menor de Morgadáns.

 

Emerode asegurou a Valminor.info, que sobre o punto as comunidades afectadas non tiveron máis encontros que una charla técnica brindada pola Universidade de Vigo para explicar o funcionamento dos parques. O presidente de Morgadáns asume que a administración non ten experiencia neste tipo de contratos moi afastados dos habituais aluguer de terreos por 4 o 5 anos coas empresas locais. Esmerode afirmou que vai asesorarse cun técnico e reiterou o interese en contar co apoio de tódolos grupos políticos para a negociación.