Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Serra do Galiñeiro foi concedida a empresa eólica TERRA DO VENTO S.R.L.

A Serra do Galiñeiro foi concedida a empresa eólica TERRA DO VENTO S.R.L.

Correo-e Imprimir PDF
parque_eolico

A Consellería de Industria, Enerxía e Minas concedeu a TERRA DO VENTO S.R.L. a explotación dun parque eólico na Serra do Galiñeiro. A empresa recibirá 39 MW de potencia máxima a desenvolver en el TV-20 Serra do Galiñeiro, o nome con que a Xunta designa ao parque natural emblemático do Val Miñor. A Comunidade de Montes de Vincios e a Entidade Local Menor de Morgadáns son as administracións con maior cantidade de terras dentro da zona afectada.

 

A medida é parte da resolución do 20 de decembro pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia. Divididos en 10 Áreas de Desarrollo Eólico (ADEs) o Galiñeiro integra a número 5 que nun comezo tiña outorgados 245 MW que logo por problemas de solapamento dos planos de concesión foron reducidos a 222 MW.

 

A zona 5 comprende a oito parques eólicos e as empresas beneficiarias son: PUENTENGASA S.L nas ADEs Coto de Eiras (48 MW) e Edreira (24 MW). VECTOR VERDE S.A. na ADE Montouto (48 MW), COGAL RENOVABLES S.L. na ADE Chan do Eixo (12 MW) e ADE Montouto (18 MW). ENERGÍAS DE RANDE S.L. na ADE Carballoso (12 MW), TIRAVENTOS S.L. , na ADE Toroña II (21 MW).