Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PSOE Gondomar reuniuse coas comunidades de augas do concello.

O PSOE Gondomar reuniuse coas comunidades de augas do concello.

Correo-e Imprimir PDF
psoeaugas2

O PSOE de Gondomar manifestou o seu apoio a unha “verdadeira Lei de Augas de Galicia” e criticou ao PP por ter unicamente vontade recadatoria na lei impulsada no parlamento, nunha xuntanza cos membros das comunidades de augas do concello. A mesma foi convocada polo Secretario Xeral do PSOE de Gondomar e candidato á Alcaldía, Juan Francisco Ferreira, interviñeron Juan Manuel Fernández, Presidente da Comunidade de Augas do Galiñeiro, e Carmen Gallego Calvar, Deputada Autonómica e Secretaria de Medio e Desenvolvemento Sostible do PSdeG-PSOE.

Segundo Ferreira "con esta Lei vén a gravarse a todos os cidadáns cunha nova taxa pola utilización de abastecemento de auga para consumo particular. Xa sexa por estar conectado a un servizo municipal, como por ser usuario dunha Comunidade de Augas privada ou por abastecerse por medio dun pozo privado a todos se nos aplicará unha cota fixa por cidadán e un baremo adicional segundo consumo, ademais aumentarse o canon de saneamento e aplicarse un novo coeficiente de vertedura naqueles Concellos, como o de Gondomar, con Estacións Depuradoras de Augas Residuais xestionadas pola Xunta. "

En palabras de Carmen Gallego "das 171 emendas formuladas, o PP só admitiu unha. Consecuencia diso será o aumento por persoa do canon de auga nun 140%, que se elevará a un 380% en Gondomar coa aplicación do coeficiente de vertedura. "

"As contas están claras", recalcou Ferreira, "cun consumo medio de 4,29 m3 en Gondomar pasaremos de pagar 0,90 € a 4,32 € por persoa e mes". Para controlar os consumos "obrígase a todos os particulares a custear a instalación e mantemento de contadores homologados nos seus pozos particulares visibles e accesibles dende o exterior das súas propiedades. Calquera incumprimento levará consigo fortes sancións. "

Segundo o socialistas a Xunta informou que no ano 2010 recadáronse polo canon de saneamento 34.769.000 €, calculando aumentar no 2011 coa aplicación desta nova Lei nun 97% a recadación: 48.670.549 € polo canon da auga e 19.826.983 € polo coeficiente de vertedura.

A xuntanza celebrouse na Casa de Cultura de Gondomar, o pasado mércores 15 de decembro.