Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PSOE de Gondomar solicita que se constiúa o consello escolar e a recuperación das fontes públicas

O PSOE de Gondomar solicita que se constiúa o consello escolar e a recuperación das fontes públicas

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE de Gondomar solicitará no próximo pleno a constitución do Consello Escolar Municipal e o análise, catalogación e arranxo das fontese lavadeiros públicos no concello .
Os socialistas consideran que existe unha falta de interese por parte do goberno municipal na constitución do consello escolar municipal, un tema que segundo o PSOE cando o actual goberno era oposición, "esgrimía constantemente contra o goberno anterior". O PSOE afirma non entender o "desinterese que parece amosar o goberno que preside Antonio Arauxo nun órgano que consideran "debe servir de nexo de comunicación entre a comunidade e o goberno municipal."

 

O PSOE considera que o tema educativo non debe ser arma de confrontación política, e que os problemas do esino deben unir aos grupos políticos na búsqueda consensuada de solucións que aporten melloras que axuden na boa calidade do ensino.

Por este motivo os socialistas solicitarán no próximo pleno a constitución do consello escolar municipal nun prázo máixmo de un mes, ainda que o curso escolar en curso esté a piques de rematar.

Fontes e lavadoiros municipais.

Os socialistas pedirán no próximo pleno a recuperación, análise e catalogación das fontes do concello. 

O PSOE considera que "durante anos foise abandoando o uso da auga das fontes para consumo humano ante a gran contaminación existente, froito da proliferación de fosas sépticas, hoxe parte da poboación, sobre todo nos núcleos rurais dispoñen de saneamento, o Partido Socialista cree que e o momento de por os medios necesarios para recuperar a maioría das numerosas Fontes que abundan no Concello de Gondomar."

Por todo isto solicitarán no próximo pleno actualizar o catalogo municipal de fontes públicas, catalogándoas según o seu estado, apta, non apta ou ruinosa. Proceder o arranxo das que non reúnan as condicións de uso. E por útlimo analizar as augas de todas elas colocando un cartel ben visible no que se informe do seu estado, apta para consumo ou non apta.