O Bloque Nacionalista Galego pediu o voto dos cidadáns miñoranos para "botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de recorte", no mitin celebrado onte na Casa da Cultura de Gondomar. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carlos Aymerich, defendeu que só hai un camiño: "depositando a confianza no Bloque Nacionalista Galego o vindeiro 21 de outubro". Na súa intervención asegurou que o BNG "nunca favorecerá os recortes, como fan outras forzas políticas en Andalucía ou Estremadura",en directa alusión ao PSOE e Esquerda Unida.