Venres, 6 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade O alcalde de Nigrán recibe a Pedro Rodríguez Villar, veciño de Panxón participante da Ruta Quetzal.

O alcalde de Nigrán recibe a Pedro Rodríguez Villar, veciño de Panxón participante da Ruta Quetzal.

Correo-e Imprimir PDF
quetzal2

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu hoxe no Concello a Pedro Rodríguez Villar, nigranés de 18 anos participante na Ruta Quetzal . Pedro Rodríguez Villar, nigranés de 18 anos participante é o único representante de Galicia xunto á lucense Eva Quiroga que participa nesta edición da chamada Ruta Quetzal, un proxecto de educación e intercambio cultural que integra 170 mozos de21 países, nunha expedición conxunta.

O alcalde de Nigrán, Juan González, o recibiu onte no Concello. Dese encontro puido sabarse que houbo máis de 1.800 candidatos para esta edición e Pedro logrou acceder sobradamente ao ter unha media de 9,5 no bacharelato (estudou no IES Proval) e obter 6,5 puntos sobre 7 na proba de redacción, onde se inspirou no realismo máximo de Gabriel García Márquez para narrar unha historia sobre a Santa Compaña coa estrutura narrativa de 'Crónica dunha morte anunciada" (o proxecto debía tocar un de estes temas: realismo máximo, historia de Colombia ou lendas do Camiño de Santiago). A súa participación, recoñece, a debe a súa moza, quen lle informou da posibilidade que existía cando faltaban só dous días para que pechara o prazo de recepción de proxectos.

"É un orgullo para Nigrán contar con xente nova tan preparada que, ademais, exerce como a mellor embaixadora do seu municipio polo mundo", sinalou Juan González na recepción, á que tamén asistiron o pai e a súa irmá.

Esta trixésima edición, do 25 de xullo ao 26 de agosto, comezou en Ávila celebrando o V Centenario del nacemento de Santa Teresa de Jesús para despois percorrer parte do Camiño de Santiago en Galicia e viaxar a Colombia, onde fixeron un periplo americano dende Cartagena ata Bogotá. Neses 34 días, Pedro, estudante de Xornalismo en Santiago, afirma ter regresado "como unha mellor persoa, que valora máis o que ten e sendo aínda menos materialista que antes". A experiencia supuxo para el "un reto de superación persoal importante" ao ter que afrontar en Colombia enormes camiñatas a 40 graos de temperatura e 100% de humidade e horarios que apenas deixaban tempo para durmir 4-5 horas ao día. "Nos 34 días non probei un colchón nen unha ducha quente. Durmimos sempre en campamentos e en Colombia nos duchaban os bombeiros con mangueiras. Ademáis, os móbiles estaba prohibidos e so nos podíamos comunicar coas familias nos poucos ratos libros que tiñamos". No seu paso polo país americano destaca a beleza de Cartagena de Indias ou a posibilidade de coñecer Aracataca, pobo natal de Gabriel García Márquez, e falar co irmán de 'Gabo'. E entre as novidades máis curiosas, ter comido formigas ou té de coca. Da ruta tamén se leva grandes amizades de diferentes nacionalidades que lle demostraron que, en realidade, "todos somos moi parecidos pese ás diferencias culturais".

Aínda que non tivo a oportunidade de saudar aos Reis de España en Zarzuela (so puido ir unha comitiva seleccionada por sorteo), sí coñeceu ao presidente de Colombia José Manuel Santos e, por suposto, a Miguel de la Quadra-Salcedo, a quen admira profundamente. "A el o puidemos coñecer en Madrid, está moi maior, pero non deixou de enviarnos videos durante toda a ruta dándonos consellos e información", explica este futuro xornalista aspirante a corresponsal ou crítico literario ou de cine.