Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A ONG Save The Children entregará un diploma de recoñecemento polo seu traballo cara á infancia ao colexio Ángel de la Guarda.

A ONG Save The Children entregará un diploma de recoñecemento polo seu traballo cara á infancia ao colexio Ángel de la Guarda.

Correo-e Imprimir PDF
miguelAngel G

A ONG Save The Children fará entrega este mércores ás 10 horas no colexio Ángel de la Guarda (Priegue), un diploma de recoñecemento pola colaboración deste centro coa causa dos dereitos dos nenos que leva a desenvolver coa ONG desde hai unha década. No acto terá lugar a sinatura dun acordo de colaboración entre a ONG e o colexio cara a renovar o compromiso de axuda á infancia.

 

Save The Children é unha organización sen ánimo de lucro, que se define como plural e independente de partidos e relixións. Traballa desde a súa fundación en 1919 (Gran Bretaña), na defensa dos dereitos dos cativos, dedicándose tanto a prestar axuda humanitaria de urxencia como ao desenvolvemento de longo prazo, a través do apadriñamento de nenos.

A ONG conta con organizacións en 29 países, entre eles España (desde 1990) que desenvolven programas cara á infancia nas áreas de educación, saúde, nutrición, na denuncia de explotación infantil, previsión do abuso sexual e a reunificación dos cativos coas súas familias tras catástrofes naturais e guerras, entre outros. Para as súas campañas conta coa colaboración de personalidades, como a do coñecido actor Miguel Ángel Silvestre, recentemente nomeado embaixador de Save The Childres España.

O acto en Nigrán estará presidido polo alcalde Alberto Valverde e a concelleira e membro do goberno local, Ana Rosa Costas.