Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A comisión de Festas Santa Mariña de Vincios comeza unha campaña de recolleita de alimentos.

A comisión de Festas Santa Mariña de Vincios comeza unha campaña de recolleita de alimentos.

Correo-e Imprimir PDF

A comisión de Festas Santa Mariña de Vincios, organiza unha "Chourizada Benéfica" o vindeiro sábado 25 de maio ca fin de recoller alimento non perecedoiro, en axuda de todas as familias necesitadas do concello de Gondomar e arredores. A partir das 18:00h poden empezar a depositar os alimentos no Adro de Santa Lucía en Vincios, e farase durante todo o día ata que remate a verbena programada a partir das 21:00h amenizada por grupos de música colaboradores, na que se poderá degustar bocadillo de chourizo e taxa de viño por só 3.50 euros.

Para esta actividade contarase con carpa cuberta.