Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Comezan os traballos para a elaboración das alfombras do Corpus Christi de Gondomar

Comezan os traballos para a elaboración das alfombras do Corpus Christi de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Corpus-2

-Este ano volven participar na festividade as parroquias de Chaín, Vincios, Couso, Mañufe e Peitieiros, que se suman ás agrupacións de Gondomar

-Os grupos de traballo reuniranse durante un mes aproximadamente na carpa situada na Alameda e nos distintos Centros Culturais das parroquias.

Como cada ano o concello de Gondomar será escenario da tradicional exposición de alfombras florais con motivo da celebración do Corpus Christi. Distintas agrupacións xa traballan para confeccionar os deseños que cubrirán as rúas do Concello na mañá do domingo 2 de xuño.

Durante un mes, aproximadamente, os distintos grupos de traballo reuniranse na carpa situada na Alameda do municipio e nos distintos Centros Culturais das parroquias co obxectivo de coordinar os traballos de elaboración destas tradicionais alfombras. Como novidade este ano, destacar a volta das parroquias de Chaín, Vincios, Couso, Mañufe e Peitieiros, que se suman aos grupos de traballo de Gondomar.

Neste sentido, o concelleiro de Cultura, Ignacio Troncoso, mostrouse moi satisfeito pola gran participación deste ano e agradece a todos os veciños a súa entrega e dedicación.