Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Inscricións abertas para o campamento de verán en Gondomar.

Inscricións abertas para o campamento de verán en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
gondoveran-2

- A inscrición realizarase do 13 ao 24 de maio e deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar

A Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, pón en marcha, por segundo ano consecutivo, o campamento Gondoverán debido á grande acollida que tivo no ano anterior.

Gondoverán é un campamento de lecer e tempo libre para fillos e fillas de familias traballadoras que terá lugar durante todo o mes de xullo no CEIP Chano Piñeiro. O seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante a tempada estival, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

Contarase con 70 prazas para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2000 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2010 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar.

A inscrición realizarase do 13 ao 24 de maio presentándoa no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar, de luns a venres en horario de 9 a 13.30h. e sábados de 9 a 13h. Xunto a folla de inscrición deberá achegarse a seguinte documentación:

- Solicitude de praza.

- Fotocopia cotexada dos DNI dos pais ou titores/as legais.

- Fotocopia cotexada do libro de familia.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou menores ou seguro médico privado.

- Volante de empadroamento da unidade familiar.

- De ser o caso, xustificación da ocupación actualizada dos pais ou titores (fotocopia da última nómina, certificación de empresa, vida laboral ou calquera outra tipo de documentación que acredite dita situación, no caso de traballadores por conta allea; ou do último recibo do pagamento da cota á seguridade social no réxime especial de traballadores por conta propia, no caso de traballadores/as autónomos/as).

Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao Centro de Información á Muller, na Casa da Cultura, no teléfono 986 360 224 ou no seguinte correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo