Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Festival Infantil solidario por Sheyla

Festival Infantil solidario por Sheyla

Correo-e Imprimir PDF
Sheila e Yoel xunto aos seus pais © FB Diana Sanmartin Aboy

Sheila é unha nena de catro anos de idade, veciña de Vigo, que naceu con apenas 30 semanas e só 960 gramos. Desde entonces a súa vída é unha loita constante para sair adiante. Sofre displasia broncopulmonar que a obriga a vivir  pendente dunha bombona de osíxeno; alteracións metabólicas e unha man zamba cubital, que requiren de catro complicadas operacións nunha clínica de Barcelona, son algunhas das súas doenzas. A recadación deste evento destinarase a cubrir o catro complicadas operacións en Barcelona.

 

Por este motivo , amigos e familias coordinan, en colaboración co Concello de Nigrán, a celebración dun festival infantil, co que a partir das 17.00 horas do sábado, nenos e pais poidan pasar unha tarde divertida mentres colaboran cunha boa causa. O prezo da entrada, que será de 5 euros, destinarase integramente a axudar a Sheila coas súas operacións e tratamentos médicos.

O festival contará coa actuación de catro compañías vinculadas coa animación infantil, que participan neste evento de forma totalmente altruísta. A diversión de Laugh&Lies coas súas pezas cómicas; a sorpresa e a maxia do Mago Cali; a beleza dos monicreques con Tanxarina e o humor e orixinalidade de Barafunda Animación completan un cartel de máis de dúas horas de duración, especialmente deseñado para o goce dos máis pequenos, e de toda a familia.

Tampóns solidarios
Os pais de Sheila tamén iniciaron unha campaña de recolla de tampóns de plástico, e recollen tampóns de toda a comarca. A empresa de reciclaxe de Porriño paga 250 euros por tonelada.