Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Ábrese o prazo de inscrición para “Termalismo Social do Imserso” en Gondomar

Ábrese o prazo de inscrición para “Termalismo Social do Imserso” en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

-Dividirase en dúas quendas que irán desde febreiro ata agosto e desde setembro a decembro

 

Dende o Departamento de Benestar Social comunícase que se abre o prazo de presentación de novas solicitudes para TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO, para persoas maiores de 60 anos. O prazo para aqueles que se queiran inscribir remata o vindeiro 16 de Xaneiro.

Os prazos de presentación dividiranse en dous períodos. Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto, ámbolos meses incluídos, o prazo será ata o 16 de xaneiro de 2013 para obter prioridade na adxudicación da praza e ata o 16 de maio para a súa inclusión na orde correspondente. Para as quendas de setembro a decembro (ambos inclusive) será ata o día 16 de maio de 2013 para as persoas que desexen prioridade na súa adxudicación e ata o 30 de outubro para aqueles cuxa inclusión será na orde que lle corresponda.

Todos aqueles que desexen máis información poderán acudir ao Departamento de Benestar social, na planta baixa da Casa da Cultura.