Mércores, 27 Maio. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade As 100 primaveras de Camila Sanromán

As 100 primaveras de Camila Sanromán

Correo-e Imprimir PDF
Camila Sanromán cumpriu 100 anos rodeada de tres xeracións

Camila Sanromán Martínez, veciña de Panxón, pasou estes días a ocupar un lugar na lista de veciños centenarios do Val Miñor.

Familiares e amigos reuníronse estes días para celebrar con Camila Sanromán Martínez, o seu cumpreanos número 100. Tres xeracións a contemplan e a rodean de cariño algo que segundo manifesta a enche "de felicidade" de "a mantén vital día a día". Co gallo do centenario, a Asociación Veciñal "Monteferro" de Panxón non quixo perder a oportunidade de celebrar canda Camila a alegría desta celebración e agasallar á súa "Socia de Honra" xa que Camila sigue sendo a socia con máis idade. 

Na celebración non faltou a tarta nin as burbullas do cava, en mostra de agradecemento á xenerosidade de Camila, que segundo os seus achegados "reparte bos desexos e saúde a mans abertas".

Un tesouro vivo.

A boa saúde de Camilia a convirte atesoura centos de historias e momentos do seculo pasado, que a convirten nun aunténtico Tesouro Vivo. Recoñece que a súa vida tivo boas e malas circunstancias pero a finalmente a bañanza inclínase sempre cara aos mellores momentos. Ela mesma consíderase un álbum de recordos, e a súa capacidade de memoria mantén retidas innumerables experiencias vividas ao longo dos seus 100 anos de vida, e grazas sempre ao seu caracter aberto e afable e falador. 

Dende Valminor.info os nosos parabéns para Camilia e para os familiares e amigos por poderen contemplar e desfrutar xuntos de todo un século de vida.