Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Concello de Gondomar organiza unha excursión a Andalucía para maiores de 55 anos

O Concello de Gondomar organiza unha excursión a Andalucía para maiores de 55 anos

Correo-e Imprimir PDF
sevilla

-A viaxe, que visitará as cidades de Sevilla, Córdoba e Granada, será do 14 ao 19 de outubro

-Pode reservarse praza ou solicitar información no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través da Axencia de Viaxes GONTOUR , organiza unha excursión -viaxe para maiores de 55 anos a Sevilla, Córdoba e Granada. A viaxe desenvolverase do 14 ao 19 de outubro e ten un prezo de 299 euros, todo incluído.

As persoas interesadas en reservar praza, poden informarse no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura.