Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Fundación Premios da Crítica Galicia celebrou 35 anos de cultura galega

A Fundación Premios da Crítica Galicia celebrou 35 anos de cultura galega

Correo-e Imprimir PDF
A Fundación celebrou os seus 35 anos.

Un xantar de irmandade na Bodega Martín Codax de Cambados reuniu a unha representación dos premiados.

A Fundación Premios da Crítica Galicia celebrou onte un xantar de irmandade na Bodega Martín Códax de Cambados no que participaron unha importante representación dos premiados ao longo das súas trinta e catro edicións. Abriu o xantar Ramón Barral, vicepresidente da Bodega Martín Códax, que como aufitrión recibíu de forma moi agarimeira aos asistentes e expresou o compromiso renovado da súa empresa coa cultura galega. Logo. interviu Bieito Ledo, presidente da Fundación Premios da Crítica Galicia, para agradecer o convite de Martín Códax e lembrar a importancia da traxectoria ininterrompida ao longo de trinta e cinco anos, dunha iniciativa, nacida do Círculo Ourensán Vigués e máis tarde consolidada como Fundación independente e interXeracional. Ledo salientou que foran máis de 200 as persoas premiadas ao longo destas máis de tres décadas e 800 as que formaran parte dos diversos xurados, desenvolvemento sempre un exercicio crítico caracterizado polo seu rigor e independencia. A lectura da relación dos membros dos xurados da primeira edición, celebrada eu 1978, entre os que se atopaban lumieiras da cultura galega do século XX como Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro ou Carlos Casares, serviu ao presidente da Fundación para lembrar a importancia dunha iniciativa nacida antes da existencia das institucións culturais autonómicas.

Finalizado o xantar, en representación dos premiados interviu o escritor Alfredo Conde e os académicos Andrés Torres Queiruga, Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero. Por último, pecharon as intervencións Anxo Lorenzo, secretatio xeral de Cultura, e Xesús Vázquez, conselleiro de Cultura e Educación, que expresou os parabéns do Gobemo Galego á traxectoria da Fundación Premios da Crítica Galicia

A actuación de Uxía Seulle puxo remate ao xantar.