Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Obradoiro de iniciación ao Mosaico no Nornas Hostel de Gondomar.

Obradoiro de iniciación ao Mosaico no Nornas Hostel de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
mosaico

O vindeiro sábado día 16 terá lugar en Nornas Hostel un obradoiro de 8 horas que tratará de iniciar ás persoas asistentes na arte do mosaiquismo. Grazas a esta técnica podense recuperar obxectos que se daban por perdidos aprendendo técnicas de adhesión, corte de materiais ou técnicas de deseño.

 

O obradoiro será impartido por Silvia Piñeiro, profesional da restauración con ampla experiencia en diversos campos: restauración de pintura; restauración arqueolóxica; ebanistería, etc.

O custe do obradoiro é de 50 euros e inclúe os materiais e convite a café con boliño. Para inscribirse é necesario enviar un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou chamar ao 986363604 antes do 12 de Xuño.

Aquelas persoas que se queiran quedar a xantar en Nornas poderán facer uso da cociña e da finca, na que poderán relaxarse antes de comezar a sesión da tarde. As participantes tamén terán dereito a un 5% de desconto en caso de aloxarse no albergue.