Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Alerta aos estudantes faltosos: de castigo haberá traballos comunitarios.

Alerta aos estudantes faltosos: de castigo haberá traballos comunitarios.

Correo-e Imprimir PDF
colegioculiao-290x290

Doutro lado da raia o Ministério de Educaçao e Ciência está decidido a rematar coas tradicionais escapadas ás obrigas estudantís. Cativos e mozos que teñan demasiadas faltas deberán facer traballos a favor da comunidade, entre outras iniciativas segundo anunciou Nuno Crato, ministro que tutela o ensino na veciña Portugal. A medida está recollida no novo "Estatuto do Aluno", aprobado na sesión de hoxe do Conselho de Ministros e xa camiña cara ao Parlamento portugués.

 

A nova, recollida polo Xornal Público (Portugual), agrega que o novo estatuto que rexerá aos alumnos do ensino público, mudará polo título "Estatuto do Aluno e Ética Escolar. Segundo Nuno Crato, esta alteración da normativa débese a que o novo estatuto non pretender ser apenas unha explicitación dos deberes dos alumnos, senón unha verdadeira norma marco para a súa integración nunha ética da escola.