Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Estudantes e profesores do programa Comenius visitan Nigrán

Estudantes e profesores do programa Comenius visitan Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
comenius

Unha delegación de 21 alumnos e 17 profesores de diversos países do continente estarán de visita en Nigrán ata o vindeiro sábado 24 de marzo, no marco do programa Comenius. Trátase dunha viaxe pedagóxica, co fin de fornecer o intercambio de experiencias e o coñecemento das diversas xeografías e culturas de Europa, entre alumnos e profesores dos países membros da Unión Europea. Co colexio Ángel de la Guardia como anfitrión, a delegación percorrerá Galicia, nomeadamente a contorna do Val Miñor.

 

Na mañá deste martes, o grupo de visitantes foi recibido polo alcalde de Nigrán, Alberto Valverde e mais a concelleira de Educación Ana Rosa Costas, na casa consistorial. A administración municipal colaborará co programa, organizando un roteiro por Priegue e Chandebrito, incluída unha visita a un muíño tradicional co fin cos visitantes podan apreciar en funcionamento esta industria tradicional.

Na delegación participan estudantes e profesores de Polonia, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Turquía, Italia, Inglaterra e Portugal. No futuro, serán os nenos de Nigrán os que terán a posibilidade de visitar outros países co mesmo fin.