Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Fin de ano solidario no vino-hotel 7Uvas en Nigrán

Fin de ano solidario no vino-hotel 7Uvas en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Hotel - Restaurante 7Uvas en Nigrán

O vino-hotel 7Uvas ubicado en Nigrán prepara hoxe de madrugada unha velada solidaria moi especial.
A partir da 1 da mañá, e coincidindo coa celebración do fin de ano, este hotel destinará o 50% da súa recadación a Cáritas Vigo, nun momento de especial necesidade e emerxencia social.
Un xeito solidario de comezar o ano.

A idea xorde a raiz do inicio das conversas do hotel-restaurante 7 Uvas en temas de formación e bolsas de emprego a través de Cáritas Vigo-Tui.

Sensibilizadas coas traxedias familiares e de risco de exclusión social que se esconden detrás desta crise que azota a España en especial a Galicia, este hotel decidiu dende o primeiro momento comprometerse socialmente coa causa e poder axudar a dar unha saída de emprego a esta xente en paro.

"Hay mucha gente que tenia una vida normal y ahora con el nivel de desempleo que hay no tienen ni para comer. Pusimos un anuncio para contratar personal y se te cae el alma a los pies con gente de 50 años que lleva toda la vida trabajando en la construcción o en el naval y ahora se les ha terminaddo el paro y viven con una ayuda familiar con la que no pueden pagar ni luz, ni agua, ni nada"

Dende 7Uvas manifestan que coñecen directamente a xente aos que Cáritas Vigo axudaron cando o precisaron e que a súa labor é "para quitarse el sombrero."

A situación de Cáritas Vigo neste momento é de emerxencia ante a falta de medios con que dispóñen para facer frente a esta forte demanda que cada día segue crecendo.

"Invitamos a la gente de la zona a tomar la primera copa. Creemos que es una forma de empezar bien el año"