Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Queremos que sigas con nós no 2012: "Se vas beber que non se che de por mover o coche".

Queremos que sigas con nós no 2012: "Se vas beber que non se che de por mover o coche".

Correo-e Imprimir PDF
discapacidad-accidentes

-O 061 pide a colaboración da cidadanía e solicita precaución ao volante ante os desprazamentos durante a celebración do fin de ano

-As lesións producidas polos accidentes de tráfico constitúen a primeira causa de mortalidade prematura entre a poboación galega

-Nas festividades do ano pasado, que foi do 31 de decembro ata o 2 de xaneiro Urxencias Sanitarias de Galicia atendeu 48 accidentes de tráfico

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, reiterou o seu chamamento tanto aos condutores e condutoras como aos e ás peóns á precaución nas estradas durante o vindeiro fin de semana, por tratarse do último do ano. Nesta ocasión a celebración do fin de ano coincide en fin de semana, o que pode supoñer un incremento durante o sábado e domingo no número de desprazamentos por estrada.

Ante esta previsión dun maior número de desprazamentos, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, recomenda aumentar as medidas de prevención e lembra a conveniencia de empregar os sistemas de seguridade activa, como os cintos, o casco ou as cadeiras infantís. A ausencia destes elementos fai que as lesións sexan moito máis graves en caso de accidente.

O ente recorda que a velocidade é outro dos factores que intervén nun accidente. Polo cal advirte que é importante que os condutores se manteñan en condicións óptimas ante os problemas de tráfico que podan coincidir nestas datas, tales como mal tempo ou tráfico denso.

O 061-Galicia recomenda ademais evitar o consumo de alcohol nos condutores e condutoras, e lembra que os efectos do mesmo non só incrementa o risco de sufrir accidentes, senón que en caso de ter un dificulta as tarefas dos servizos sanitarios ao interferir o alcohol cos fármacos subministrados.

Sinala que tamén é importante lembrar aos peóns a importancia de facerse ver se circulan ou cruzan por estradas. "Preto dun 10 por cento das vítimas dos accidentes de tráfico son peóns", segundo as estatísticas que manexa o 061.

48 accidentes, 75 vítimas e dous falecementos nestas datas en 2010.

O ano pasado 2010 o final de ano coincidiu en venres entre os días 31 de decembro e o domingo 2 de xaneiro de 2011 atendéronse 48 accidentes e houbo 75 vítimas entre elas dous falecidos, comunican dende o servizo.

Normas de actuación ante un accidente

Unha vez se ten producido un accidente é fundamental actuar correctamente para evitar aumentar o número de vítimas. É importante non intervir se non se sabe cómo; e sempre avisar canto antes, para que acudan os servizos de emerxencia, marcando o 061.

Unha antiga campaña cunha mensaxe aínda vixente.

Dim lights Embed Embed this video on your site