Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Xornada de rulas, sorrisos e chocolate entre avós e nenos do CEIP de Mallón.

Xornada de rulas, sorrisos e chocolate entre avós e nenos do CEIP de Mallón.

Correo-e Imprimir PDF
Galletas-con-chocolate-cali

As avoas e avós dos alumnos do CEIP de Mallón non esperaban tamaña sorpresa. Dende a semana pasada sabían cas 11:30 desta mañá os netos esperábanos no cole. Con moita ilusión, os pequenos levaban varias semanas preparando unha exposición con fotografías familiares, elixindo e ensaiando a lectura de poemas e textos para agasallar a aqueles que día a día les dan o seu cariño entre apertas e rulas.

 

Cun chocolate e galletas preparadas polos rapaces, o avós foron recibindo os seus obsequios, participaron da proxección dun vídeo e marcharon entre bicos e sorrisos cun ramo de flores, que por suposto, estaban feitas polas mans dos seus netos.

O obxectivo desta iniciativa do equipo docente foi recoñecer e gratificar o labor dos avós e avoas no coidado e a educación dos máis pequenos da familia, á vez que poñer en valor ante os ollos dos alumnos do centro a importancia do traballo que día tras día realizan os maiores da casa.