Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade 60 exemplares premiados no XIX Concurso da Unión Ornitolóxica Val Miñor.

60 exemplares premiados no XIX Concurso da Unión Ornitolóxica Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
60 exemplares premiados no XIX Concurso da Unión Ornitolóxica Val Miñor.

{plusone}O xurado do XIX Concurso exposición Unión Ornitoloxica Val Miñor, repartiu este domingo 60 premios entre os expositores concursantes na edición. A exposición congregou durante dez días a máis de 1.500 exemplares de paxaros procedentes de todo o territorio autonómico, así como doutros puntos do noroeste peninsular, no Centro Cultural O Torreiro.

A premiación estivo a cargo do alcalde de Nigrán Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, xunto co presidente da Asociación Ornitolóxica do Val Miñor, Manuel Gómez González, e toda a súa xunta directiva.

As aves expostas procedían de diversos puntos do territorio autonómico, como A Coruña, Ferrol, Ames, O Grove, Ourense, Vigo, Baiona, Tomiño e O Rosal, entre outras. Ademais da Unión Ornitolóxica Val Miñor, con 45 expositores, destacan a Agrupación Ornitolóxica Cultural Deportiva O Salnés e a Asociación Ornitolóxica Cultural Deportiva de Pontevedra, con máis dunha decena de participantes cada un. Tamén houbo presenza nacional, con exemplares procedentes de Valladolid, entre outras orixes.