Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Conto contigo, un libro que escribirán 20 nenos e nenas de Gondomar.

Conto contigo, un libro que escribirán 20 nenos e nenas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
conto-contigo

Conto contigo e un libro que aínda está sen escribir. Por iso, o CIM de Gondomar busca a 20 noveles autores entre 6 e 10 anos que queiran formar parte desta aventura. Os interesados participarán de dez sesións nun obradoiro onde se falará da igualdade de xénero e a importancias de medrar libres de estereotipos sexuais, ao mesmo tempo que se fomenta o hábito da lectura. Desa experiencia, os participantes traballarán nunha obra que será editada e distribuída nos centros de ensino e bibliotecas do concello, ademais de entre eles.

Trátase dun taller totalmente gratuíto contando cun total de 20 prazas que se desenvolverá durante dez sesións (as tres primeiras cunha duración de dúas horas e as sete restantes dunha hora). As datas e horarios están pendentes de confirmar posto que dependerán dos intereses dos participantes.

Para participar deberase facer a inscrición no Centro de Información á Muller sito na Casa da Cultura R/Portugal s/n no primeiro andar, e para calquera dúbida o teléfono de información é 986 360 224 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .