Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Sahaja Ioga: a corrente espiritual que naceu a carón da loita independentista da India en Gondomar.

Sahaja Ioga: a corrente espiritual que naceu a carón da loita independentista da India en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Shri Mataji, guía espiritual e loitadora pola independencia da India.

O vindeiro venres 28 de Outubro ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar, celebrarase un taller teórico-práctico de ioga na súa vertente Sahaja Ioga. O obradoiro estará organizado pola naturópata de Gondomar Gloria Pérez González, relatora da coordinadora nacional desta disciplina fundada na India por Shri Mataji Nirmala Devi.

A Sahaja Yoga é definido polos seus seguidores como un método para obter a auto-realización. Shri Mataji Nirmala Devi, (Chindwaraa,Índia;21 de marzo de1923-Genova,Itália;23 de febreiro de2011), fundadora da Sahaja Ioga, foi unha personalidade que dedicou a súa vida á causa da paz do mundo, e pregoaba que esta paz tiña que ser obtida antes no interior de cada indivíduo. Conviviu dende os dez anos co entorno espiritual de Mahatma Gandhi en Wardha. Na adolescencia loitou ao seu carón pola independencia da India polo que foi presa e torturada.

A partir dos anos 70, Shri Mataji dedicouse integralmente á divulgación do Sahaja Ioga por todo o mundo. Como recoñecemento ao seu traballo recebiu innumerables distincións como a Medalla da Paz das Nacións Unidas, o Premio Pléiade para a Paz en Italia, a Medalla de Ouro para a Paz, conferida polo Ecoforum en Bulgaria, e foi electa Membro Honorario da Academia Petrowskaja de Ciencias e Artes de San Petersburgo.

A asistencia ao taller é gratuíta, e basta con presentarse na Casa da Cultura de Gondomar, sen formalizar inscrición algunha.