Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Inscricións abertas para as I Xornadas sobre violencia de Xénero en Nigrán: "E as crianzas que?"

Inscricións abertas para as I Xornadas sobre violencia de Xénero en Nigrán: "E as crianzas que?"

Correo-e Imprimir PDF
triptico_xornadas_violencia

A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude a través do Centro de Información ás Mulleres do Concello de Nigrán, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza as I Xornadas sobre violencia de xénero “E as crianzas que” o vindeiro venres 11 de novembro, nas que se abordarán as consecuencias da violencia de xénero nos fillos e fillas dende distintos ámbitos: os dereitos dos/as menores, o impacto no seu desenvolvemento físico e psicolóxico, a intervención psicosocial co obxectivo de minimizar as consecuencias nas crianzas e por último a regulación da custodia compartida. O programa e a folla de inscrición pode descargarse da páxina Web www.nigran.org

Para mais información ou inscricións poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (antiga estación do tranvía de Panxón ) Estrada pola vía 65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081 Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo