Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Alumnos do CEIP Humberto Juanes de Nigrán participan nunha charla de educacion ambiental.

Alumnos do CEIP Humberto Juanes de Nigrán participan nunha charla de educacion ambiental.

Correo-e Imprimir PDF
Os alumnos do CEIP Humberto Juanes nun intre da charla.

O GAC-7 da Ría de Vigo-A Guarda, en colaboración có CEMMA, ofreceu hoxe no Salón de Plenos do Concello de Nigrán unha charla de educación ambiental sobre as especes mariñas ameazadas da ría. Paralelamente, inaugurouse tamén unha exposición de debuxos de rapaces dos centros educativos de primaria e secundaria de Nigrán, baixo o nome “Coñecendo as especies mariñas ameazadas da nosa ría”.

O acto contou coa participación duns 50 alumnos do C.E.I.P. Humberto Juanes, que recibiron durante unha hora a charla informativa sobre as especies mariñas da ría de Vigo e ás ameazas á que están expostas. A exposición permanecerá aberta ao público ata o vindeiro venres 21.