Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Sexo nas aulas. Obradoiro de relacións afectivo sexuais para alumnos de 3º e 4º da ESO en Nigrán.

O Sexo nas aulas. Obradoiro de relacións afectivo sexuais para alumnos de 3º e 4º da ESO en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Durante os meses de outubro e novembro os alumnos de 3º e 4º da ESO dos Institutos PROVAL e Val Miñor participarán dun programa de obradoiros que terán por obxectivo as relacións afectivo – sexuais. . Entre os temas a tratar se traballará sobre: “Qué é a sexualidade?”, “Desmitificación da sexualidade”, “Que é o amor?”e “Mitos sobre o amor e relacións de bo trato”. A iniciativa ten por obxectivo “achegar ao alumnado unha visión da sexualidade como algo integral e promover relacións afectivo-sexuais baseadas no respecto dende o principio de igualdade entre mulleres e homes”, segundo informan dende a Concellaría de Igualdade, Xuventude e Patrimonio e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, organizadores do programa.

Os obradoiros desenvolveranse en catro sesións de 50 minutos cada unha ao longo dos meses de outubro e novembro, e serán impartidos por unha profesional na materia con ampla experiencia de traballo con adolescentes