Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Comeza a funcionar a Escola de adultas de Nigrán cun programa ampliado de materias.

Comeza a funcionar a Escola de adultas de Nigrán cun programa ampliado de materias.

Correo-e Imprimir PDF
Aprender a ler e escribir non ten idade. Se ademais hai tempo para facer amigos moito mellor. 16 mulleres de Nigrán decidiron facer un oco no seu tempo e concorren dous días á semana a tal fin á Escola de adultas que desenvolve O Concello de Nigrán, a través da Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude e o Centro de Información as Mulleres. Ante a demanda das usuarias a administración local decidiu facer un reforzo educativo e para este ano se traballarán distintas áreas de aprendizaxe mais aló da lecto-escritura. O novo programa inclúe matemáticas, xeografía, historia e natureza. As clases serán os martes e venres de 17:00 a 19:00 no Colexio de Panxón. As persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (antiga Estación do Tranvía de Panxón), no teléfono 986 383081 e no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .