Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Cursos de informática no Centro Antena “A Foz do Miñor”, en Sabarís para maiores de 50 anos.

Cursos de informática no Centro Antena “A Foz do Miñor”, en Sabarís para maiores de 50 anos.

Correo-e Imprimir PDF
teclado_pc

A Concellería de Traballo e a Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Baiona, organiza un curso para persoas maiores de 50 anos que non teñan coñecementos de informática. O curso terá unha duración de 48 de duración e desenvolverase no Centro Antena “A Foz do Miñor” de Sabarís.

Aquelas persoas interesadas poden informarse na Oficiña do axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Baiona no teléfono 986 38 50 48, As bases da convocatoria e as instancias están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello o prazo de presentación de instancias será dende o día 5 de outubro de 2011 ao remata o día 15 de outubro de 2011.

O curso impartirase en horario de venres e sábados de 10 a 14 h. Prezo: 20 €. Consultas as bases e a folla de solicitude en www.baiona.org